REBELLION AND RESISTANCE IN THE IBERIAN EMPIRES, 16TH-19TH CENTURIES.

Encontro científico na Universidade Michoacana de San Nicolás de Hidalgo

undefined Image

Encontro científico na Universidade Michoacana de San Nicolás de Hidalgo

As profesoras Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia, foron convidadas a impartir unha conferencia na Facultade de Dereito da Universidade Michoacana de San Nicolás de Hidalgo en Morelia (México), o 4 de agosto de 2023, desde 9:30 a.m. a 12 p.m. A actividade estaba vincualda ao seminario da división de estudos de posgrao da Facultade de Dereito da citada universidade e foi coordinada polo doutor Jaime Hernández, recoñecido profesor e antigo reitor da Universidade Michoacana de San Nicolás de Hidalgo. Na súa intervención, a doutora Ana M. Sixto Barcia abordou o tema das “Mulleres en conflito, mulleres na xustiza (séculos XVI-XIX): algunhas reflexións”, mentres que a doutora Ofelia Rey Castelao impartiu a conferencia “Da norma á realidade. Mulleres e xustiza na monarquía hispánica”. Ao remate do encontro estableceuse un amplo debate entre os relatores, diversos profesores da zona e o alumnado asistente.

As investigadoras están realizando unha estadía de investigación no país mexicano grazas ao proxecto Europeo Resistance (Ref. RISE 2017. Nº 778076. H2020-MSCA-RISE-2017), enfocado na difusión e no intercambio científico.